AGENDA | XORNADA ‘Os concellos galegos: un papel fundamental na alimentación local sostible’
Destinatarios/as: Cargos electos e técnicos de Concellos galegos
Dende a Rede de Municipios pola Agroecoloxía e o Concello de Allariz, deseñamos para o 18 de Xuño unha xornada centrada no papel que os Concellos poden desenvolver para garantizar unha alimentación máis sostible e local promovendo e apoiando os recursos e axentes do seu territorio. Existen no territorio galego xa algunhas iniciativas pioneiras e inspiradoras nese sentido e, ademáis de coñecelas máis en profundidade así como outras que se desenvolven no Estado español, pretendemos abrir un espazo de diálogo entre concellos interesados en pór en marcha proxectos vencellados á produción, transformación, comercialización e consumo de alimentos locais cunha mirada de sostibilidade social, ambiental e económica.
Nunha xornada cunha vocación moi dinámica, práctica e achegada ás realidades cotiás das tarefas que se desenvolven desde un concello, trataranse de facilitar espazos de inspiración, de análise colectiva e de búsqueda de sinerxias e aprendizaxes conxuntas entre persoal e cargos electos de concellos.